MENUMET

Rutas

Destacado

- Galería de Fotos
- Vídeo do MET

Destacado

15/07/2008
Os concellos de Arousa Norte desenvolven un mapa emocional das súas rutas de sendeirismo
Ler máis

15/07/2008
Barbanza ya mide emociones
Ler máis

24/06/2008
Confirmadas as datas das rutas: do 14 ao 18 de Xullo
Ler máis

01/06/2008
Arousa Norte ensina a coñecer o patrimonio e a paisaxe a través dos sentidos
Ler máis

03/05/2008
Cuarenta personas van a vivir la experiencia del mapa emocional
Ler máis

16/03/2008
A oferta turística para Semana Santa conxuga natureza, cultura e etnografía
Ler máis

17/02/2008
Arousa Norte deseña un plan para sacarlle partido á natureza e ao patrimonio
Ler máis

PR-G92. RIVEIRA

Punto de saída: Parque Periurbano de San Roque
Duración:2:00 h
Puntos de interese: Parque Periurbano de San Roque, miradoiro da Pedra da Rá, Castro da Cidá, Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoa de Carregal e Vixán
Punto de chegada: Campo de fútbol de Artes
KM: 6,5 km
Desnivel: 150 m
Web da ruta: www.arousa-norte.es

Riveira
Pinche para ampliar

Descrición:

Ruta de dificultade media e accesible para a maior parte do público. A única limitación é a pendente que hai que superar na subida ao Parque Periurbano de San Roque e ao miradoiro da Pedra da Rá.
O maior valor natural deste tramo reside no Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo, pasando polas lagoas de Carregal e Vixán, un espazo de grande importancia a nivel nacional e internacional.
O sendeiro dá a coñecer unha parte importante do concello de Riveira podendo ver dende un dos restos arqueolóxicos máis importantes da vila, o Castro da Cidá, ata a panorámica da Ría de Arousa e do océano Atlántico dende o miradoiro da Pedra da Rá.
 

a. Parque Periurbano de San Roque - Miradoiro da Pedra da Rá: o roteiro comeza no Parque Periurbano de San Roque

Parque PeriurbanoParque Periurbano de San Roque
É un dos primeiros parques culturais ao aire libre de Galicia e aséntase nun outeiro que asoma á ría de Arousa. Este espazo abre as súas portas a unha viaxe polo pasado da comarca con réplicas de dólmenes do Neolítico, petróglifos da Idade do Bronce e poboados castrexos da Idade do Ferro e mesmo un auditorio grecoromano. Tamén están presentes neste parque mostras arquitectónicas da etnografía galega como un pombal ou un lavadoiro que se conservou a través de varias xeracións. No mesmo parque, sitúase o Centro de Interpretación Arqueolóxica onde nunha sala interpretativa o visitante interactúa co patrimonio arqueolóxico da comarca.
Máis info.:
www.riveira.es

e continúa en dirección ao miradoiro da Pedra da Rá , pasando por un antigo lavadoiro de madeira e pola  capela de San Roque . Dende a capela, o sendeiro percorre un tramo de asfalto e no ascenso ao miradoiro, a ruta sube en pendente pola falda do monte Castro. 

b. Miradoiro da Pedra da Rá – Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán: dende o miradoiro da Pedra da Rá o sendeiro continúa en dirección ao castro da Cidá

Castro da Cidá
En Riveira, a falta de profundar na investigación, o xacemento castrexo máis popular da vila atópase no chamado monte da Cidá, 40 metros máis alto que o miradoiro da Pedra da Rá e no curuto coñecido como O Castro.
Máis info.:
www.riveira.es

, onde comeza o descenso polo monte ata chegar a unha pista que desemboca na estrada que une as parroquias de Aguiño e Artes. Percorrendo uns poucos metros por asfalto, a ruta entra e cruza a través de piñeirais o Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán , divisando a marisma de Carregal, as dunas de Corrubedo e contornando o río Arlés. marisma de Carregal, as dunas de Corrubedo e contornando o río Arlés.

O punto final da ruta atopase na aldea de Artes.

 

 

Arousa Norte      Acerca de Arousa Norte | Créditos | Texto legal | Contacto | © 2008 Mancomunidade Arousa Norte      Deputacion
Socio tecnolóxico:AVAwww.avaforum.com