PR-G15. RIANXO
![]() |
Pinche para ampliar |
Descrición:
Ruta de dificultade media-alta, debido á forte pendente de ascensión no último tramo cara ao monte Muralla.
O sendeiro discorre fundamentalmente por unha paisaxe de montaña, na que o visitante se atopa con diferentes enclaves naturais, de grande beleza paisaxística e restos etnográficos que definen os costumes do lugar.
a. Campelo - Monte Muralla: a ruta comeza ao lado de Campelo, unha aldea pequena que conserva as características dunha vila típica de interior da comarca. Despois de atravesar un sendeiro cunha forte ascensión sentido Monte Muralla, o sendeirista encóntrase con vistas á Ría de Arousa e ao contorno do río Ulla. A paisaxe está salpicada con numerosos muíños eólicos.
b. Monte Muralla – Campelo: o sendeiro segue contornando o monte Monte Muralla con vistas á Santiago de Compostela e Ría de Muros-Noia entre outros.
O paseo acaba no punto de inicio, Campelo, pois trátase dunha ruta circular. No entorno pódense atopar animais en liberdade como cabalos, cabuxas e vacas.



Monte Muralla: Dende o cumio do monte Muralla, o punto máis alto e septentrional do concello de Rianxo, a 678 metros de altura, pódense observar amplas panorámicas da ría de Arousa, da ría de Muros- Noia, Santiago de Compostela e, nun día despexado, as torres da catedral da cidade compostelana. Incluso se poden ver as illas Cíes (Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas) e ata preto da costa de Portugal. No entorno pódense atopar animais en liberdade como cabalos, cabuxas e vacas.
