MENUMET

Rutas

Destacado

- Galería de Fotos
- Vídeo do MET

Destacado

15/07/2008
Os concellos de Arousa Norte desenvolven un mapa emocional das súas rutas de sendeirismo
Ler máis

15/07/2008
Barbanza ya mide emociones
Ler máis

24/06/2008
Confirmadas as datas das rutas: do 14 ao 18 de Xullo
Ler máis

01/06/2008
Arousa Norte ensina a coñecer o patrimonio e a paisaxe a través dos sentidos
Ler máis

03/05/2008
Cuarenta personas van a vivir la experiencia del mapa emocional
Ler máis

16/03/2008
A oferta turística para Semana Santa conxuga natureza, cultura e etnografía
Ler máis

17/02/2008
Arousa Norte deseña un plan para sacarlle partido á natureza e ao patrimonio
Ler máis

PR-G91. A POBRA DO CARAMIÑAL

Punto de saída:Alto das Brañas
Duración: 2:30 h
Puntos de interese: río San Xoán, convento, ponte e petroglifo da Misarela, piscinas naturais do río Pedras, Aldea Vella
Punto de chegada: Aldea Vella
KM: 2,5
Desnivel: 450m
Web da ruta: www.arousa-norte.es

A Pobra
Pinche para ampliar

Descrición:

Ruta de dificultade media-alta, dirixida a persoas en bo estado físico debido aos desniveis existentes. A baixada dende o lugar do Alto das Brañas ata as piscinas do río Pedras, contornando o río San Xoán, describe unha forte pendente con abundancia de penedos. Esta ruta dá a coñecer o entorno natural e cultural da Pobra do Caramiñal, contando con sorprendentes vistas á Ría de Arousa.

a. Alto das Brañas – Piscinas do río Pedras: a ruta descende polo río San Xoán, ata chegar ao convento da Misarela, pasando por piscinas naturais, fermosas fervenzas e divisando panorámicas da Ría de Arousa. O roteiro presenta neste tramo un grao de dificultade alto, debido ao terreo irregular e á forte pendente. Na parte final do descenso atópanse as ruínas do convento da Misarela

Convento da Misarela: Restos dun convento franciscano fundado arredor do ano 1.392. Pódense apreciar diversas estruturas edificatorias. O conxunto compleméntase cun sistema de canalizacións que conducen a auga dende a beira do río, unha calzada empedrada e unha ponte de pedra.
Máis info:
www.arousa-norte.es

, punto onde conflúen os cursos fluviais dos ríos San Xoán e Barbanza para formar o río Pedras. O cauce deste río transcorre por terreo de rocha granítica e debido á erosión do mesmo, formáronse unhas piscinas naturais escavadas na propia rocha ao carón da arboreda típica de ribeira, conformando un escenario de gran beleza.

b. Piscinas do río Pedras- Aldea Vella:  este tramo cruza a ponte de pedra da Misarela, de orixe medieval. No mesmo sendeiro, a uns 50 metros da ponte, atópanse os petroglifos da Misarela

Petroglifos da Misarela: Conxunto de gravados formado por dúas pedras. A primeira presenta un gravado cun tipo de M e un punto; e na outra pedra hai tres cruces, dúas con base triangular e unha con base circular.
Máis info:
www.arousa-norte.es

. Contornando o río Pedras o sendeiro lévanos ata Aldea Vella , fin de traxecto no concello da Pobra do Caramiñal.

 

 

 

Arousa Norte      Acerca de Arousa Norte | Créditos | Texto legal | Contacto | © 2008 Mancomunidade Arousa Norte      Deputacion
Socio tecnolóxico:AVAwww.avaforum.com