PR-G90. BOIRO
![]() |
Pinche para ampliar |
Descrición
Ruta de dificultade media-baixa, accesible a todo o público. Os principais atractivos da mesma son a variedade de paisaxes que atravesa no seu percorrido: fragas típicas de ribeira, paisaxe de monte e panorámicas da ría de Arousa e da serra do Barbanza.
O interese deste sendeiro radica na mezcla de patrimonio visitable: natural, relixioso, etnográfico e arqueolóxico.
a. Monte Seixiños- río Beluso: a ruta comeza nunha paisaxe con grandes pedras de cuarzo branco,
monte Seixiños.
Dende aí pódense apreciar panorámicas da Ría de Arousa.
c. Río Beluso- Landeiras: Este sendeiro desemboca na súa recta final en pista forestal, cara ao río Beluso, adentrándose nun bosque polo que discorre o río e no que se atopan diversos muíños hidráulicos en estado ruinoso.
O sendeiro remata na aldea boirense de Landeiras.



