Bases do concurso de ideas
Organiza: |
Patrocina: |
|
![]() |
![]() |
BASES PARA A APORTACIÓN DE IDEAS QUE PERMITAN PARTICIPAR NO
MET “MAPA EMOCIONAL TURÍSTICO” AROUSA NORTE
1. Temática do concurso
A temática das ideas presentadas estará relacionada coa posta en valor das rutas de sendeirismo de Arousa Norte a través de intervencións ou accións artísticas, culturais, deportivas e/ou medioambientais. A temática será libre e poderán ser intervencións materiais ou inmateriais.
2. Participantes
Non se establece ningún requisito a cumprir por parte dos participantes.
3. Prioridades
No caso de propór intervencións materiais, priorizaranse aquelas que:
- Teñan relación co proxecto MET ou algún dos elementos relacionados (emocións, catástrofes medioambientais, patrimonio, cultura, novas tecnoloxías, etc.)
- Respeten o patrimonio (arqueolóxico, edificativo, etc.)
- Non supoñan alteracións medioambientais significativas das rutas
- Sexan innovadoras
- Sexan factibles
- Sirvan para pór en valor e promocionar as rutas de sendeirismo de Arousa Norte
No caso de propoñer intervencións inmateriais, priorizaranse aquelas que:
- Teñan relación co proxecto MET ou algún dos elementos relacionados (emocións, catástrofes medioambientais, patrimonio, cultura, novas tecnoloxías, etc.)
- Sexan innovadoras
- Sexan factibles
- Sirvan para poñer en valor e promocionar as rutas de sendeirismo de Arousa Norte
4. Presentación das propostas
Prazos:
O prazo para a recepción de propostas ábrese o 10 de abril de 2008 e péchase o día 10 de xullo de 2008, ambos inclusive.
Procedemento de entrega: As propostas faránse chegar a través da web www.metarousanorte.com, cumplimentando o formulario correspondente no apartado de Como Particpar.
Compromiso do participante:
Unha vez pechado o prazo de recepción, o participante xa non poderá retirar as súas propostas e supónselle plena aceptación destas bases.
5. Xurado e selección de participantes
O fallo realizarase por un xurado interdisciplinario en número non inferior a cinco membros e contará cun presidente encargado de validar o fallo definitivo do concurso.
O xurado estará composto por representantes de organismos relacionados directa ou indirectamente co proxecto MET (Cultura, Novas Tecnoloxías, Deporte, Patrimonio, Turismo, etc.)
O fallo do xurado será inapelable e realizarase tomando como criterio a calidade artística das propostas, os seus valores creativos e de innovación, ademáis da súa relación orixinal co tema proposto e o alcance da proposta para a posta en valor e promoción das rutas de senderismo de Arousa Norte.
Os seleccionados para participar activamente nas rutas e que sexan analizadas as súas emocións durante o percorrido, serán informados de maneira privada con suficiente antelación para que se presenten no punto de partida da ruta dun dos catro concellos participantes (A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Riveira), na data e hora indicadas.
En canto se decida a data definitiva para a realización dos percorridos, farase público na páxina web do MET Arousa Norte.
6. Outros
Sobre os extremos e circunstancias non contempladas nas presentes bases, os organizadores resérvanse o dereito de tomar as decisións ou introducir as modificacións que considere pertinentes.



