MENUMET

Novas

Destacado

- Galería de Fotos
- Vídeo do MET

Destacado

15/07/2008
Os concellos de Arousa Norte desenvolven un mapa emocional das súas rutas de sendeirismo
Ler máis

15/07/2008
Barbanza ya mide emociones
Ler máis

24/06/2008
Confirmadas as datas das rutas: do 14 ao 18 de Xullo
Ler máis

01/06/2008
Arousa Norte ensina a coñecer o patrimonio e a paisaxe a través dos sentidos
Ler máis

03/05/2008
Cuarenta personas van a vivir la experiencia del mapa emocional
Ler máis

16/03/2008
A oferta turística para Semana Santa conxuga natureza, cultura e etnografía
Ler máis

17/02/2008
Arousa Norte deseña un plan para sacarlle partido á natureza e ao patrimonio
Ler máis

O Mapa Emocional Turístico (MET)


(31/07/2008) Paisaxe, emocións e turismo: unha triloxía interesante

Fotografia (Pinche para ampliar)

Medir as emocións, cunha tecnoloxía mestura entre o GPS e o detector de mentiras semella a ciencia ficción.
A Mancomunidade de Municipios de Arousa Norte pon en marcha o seu proxecto MET (Mapa Emocional Turístico) baseado na idea do inglés Christian Nold, "Bio Mapping".

Medir as emocións, cunha tecnoloxía mestura entre o GPS e o detector de mentiras, é o primeiro que nos contan que imos facer ao percorrer un dos catro roteiros cos que a Mancomunidade de Municipios de Arousa Norte pon en marcha o seu proxecto MET (Mapa Emocional Turístico), baseado na idea do inglés Christian Nold, “Bio Mapping”.

A segunda cousa interesante será saber a utilidade práctica que ten esta información cara á planificacións de futuras actuacións no que se refire a potenciar os recursos turísticos da mencionada zona.

A mañá de luns do 14 de xullo, o primeiro grupo de dez persoas, despois de recibir información por parte de Christian Nold e a equipa de traballo de Arousa Norte, conectámonos aos sensores e activamos os GPS, a nosa ruta incluíu lugares como o Parque Periurbano de San Roque, o Miradoiro da Pedra da Rá, o Parque Natural das Dunas de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán e o dolmen de Axeitos. As 10 da mañá deu comezo o experimento.

Un terceiro dispositivo electrónico rexistrou a información dos impulsos eléctricos da pel coa localización xeográfica onde nos atopábamos, cos datos recollidos obtivéronse mapas individuais das distintas reaccións emocionais nos diversos puntos xeográficos da ruta.

Até aquí o proceso científico do experimento, outra cousa é a utilización da información recollida. A análise que fixo Christian Nold, complementouse coa discusión grupal posterior á finalización do itinerario, nese punto tratouse de interpretar o mapa individual á luz do que cada persoa aportaba en función dos seus recordos inmediatos, un dos puntos máis significativos o constituíu o Miradoiro da Pedra da Rá, a espectacularidade da vista da paisaxe fixo que os picos de medición se elevaran e coincidira en todas as persoas do grupo, a cercaría dunha canteira nos límites máis próximos do Parque Natural das Dunas de Corrubedo, pola contra, rexistrou un pico á inversa do anterior, e a chegada á beira dun regato co seu bosque de ribeira, sinónimo de frescura nun día pleno de verán, volveu a presentar un pico notable. Posteriormente os mapas individuais cruzáronse para presentar nunha visión global as coincidencias e non coincidencias das emocións durante o percorrido.

As aportacións que fixemos durante a discusión, obviamente son diversas, dende a mirada específica e subxectiva de cada participante, suxeríronse cousas como suprimir do percorrido os puntos “negativos” ou convertelos en oportunidades de sensibilización para o público visitante, tamén se propuxo o deseño de actuacións interpretativas en algúns dos puntos do roteiro, nos que a importancia do rasgo (restos arqueolóxicos) faino necesario.
Imaxinamos que a equipa de traballo de Arousa Norte, de acordo cos seus obxectivos e en función da análise que fagan dos resultados dos catro itinerarios propostos para a comarca do Barbanza, tomarán decisións axeitadas que permitan conciliar o aproveitamento turístico coa conservación do seu patrimonio natural e cultural.

 

Documentación:
doc Fonte: Asociación para la Interpretación del Patrimonio

 

Arousa Norte      Acerca de Arousa Norte | Créditos | Texto legal | Contacto | © 2008 Mancomunidade Arousa Norte      Deputacion
Socio tecnolóxico:AVAwww.avaforum.com