Arousa Norte ensina a coñecer o patrimonio e a paisaxe a través dos sentidos
(01/06/2008)
A mancomunidade de concellos de Arousa Norte está a artellar un novidoso proxecto que intenta aunar a cultura coas novas tecnoloxías, así como coa protección e conservación do medio ambiente. A idea recibe o nome de “Mapa Emocional Turístico de Arousa Norte”, e está baseado no Bio Mapping que plantexou o artista inglés Christian Nold co fin de “analizar o comportamento emotivo en función dos estímulos externos que recibe unha persoa nun momento e lugar determinados”.
A actividade ten como punto de partida as cinco rutas de sendeirismo que hai ao longo de toda a comarca do Barbanza, isto é, un traxecto circular en cada concello e tamén unha ruta de longo percorrido que atravesa toda a comarca pola serra, e que ademais serve como nexo entre os catro itinierarios circulares de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Riveira.
A Mancomunidade decidiu poñer en práctica esta iniciativa xa que os dramáticos acontecementos ecolóxicos que tiveron lugar no ano 2006 danaron bastante as paraxes da comarca, e así deste xeito intentan sensibilizar a toda a poboación sobre este desastre, cun proxecto innovador e participativo que sirva para revalorizar todos os recursos da serra barbanzá, e que se levará a cabo entre os días 14 e 18 do mes de xullo, en grupos de 10 persoas e en quendas de mañá e tarde para cada percorrido.
O proxecto consiste na realización dun obradoiro de catro días, correspondendo cada un co percorrido por unha ruta de sendeirismo en cada un dos barbanzáns: Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Riveira) e nos percorridos, os camiñantes terán a oportunidade de coñecer os distintos monumentos e lugares de interese de cada lugar.
O obxectivo principal deste proxecto é poñer en valor a gran variedade de recursos paisaxísticos, naturais, culturais e arqueolóxicos da Serra do Barbanza mediante este novidoso proxecto que intenta incentivar a participación e sensibilización de cara á conservación do patrimonio, en todas as modalidades. Polo tanto, os participantes nesta iniciativa terán que deseñar un mapa de sensacións en 3D, ademais de realizar posibles intervencións, tanto materiais como inmateriais no entorno.
A actividade comeza coa seleccióndun grupo de sendeiristas que durante o mes de xullo van percorrer un treito de cada unha das catro rutas que transitan por cada un dos concellos da comarca. Neste camiñar, os participantes irán provistos dun dispositivo sensorial con GPS incorporado que, ao manter contacto coa pel, canalizará as emocións do portador, en función dos estímulos externos que reciba. Ademais, cada sendeirista vai levar unha libreta e un lapis para poder recoller nun diario as emocións e sensacións que viviron en determinados lugares do percorrido; algúns dos estímulos que van influír nesa análise son as paisaxes, arqueoloxía ou a natureza.
Unha vez chegados á meta do camiñar, cada participante vai manter unha charla co ideólogo do proxecto, Christian Nolt, con quen valorarán e comentarán todo o vivido e experimentado durante o traxecto. Destexeito, aparecerán reflexados os altos e baixos das sensacións experim e n - tadas quequedarán marcadas nun mapa que van deseñar para determinar os lugares susceptibles de intervención manterial ou inmaterial.
Finalmente recolleranse as conclusións da iniciativa, así como as ideas que permitan a revalorización a través da definición de novos usos, motivacións, ou atractivos das mesmas. Para iso, seleccionaranse 20 ideas de intervencións artísticas e/ou culturais que achegaron os interesados durante a sú a participación no proxecto.
Pero para poder participar nesta iniciativa, os camiñantes deberán ir provistos de sensor de resposta galvánica, que colocarán entre os seus dedos par poder captar os cambios de intensidade, que serán enviados a un dispositivo dixital que os procesa e almacena. Pero tamén terán que levar un GPS
para poder estar localizable en todo momento. Un terceiro dispositivo almacena de xeito conxunto os datos rexistrados polos dous aparellos anteriores, que será o que logo permita realizar o estudo en profundidade.
Documentación:
Fonte: Diario de Arousa


