Como colaborar
Os colaboradores son aquelas persoas interesadas en axudar a desenvolver o proxecto MET a través da participación social. É dicir, búscase a colaboración por medio da aportación de ideas para posibles actuacións nas rutas de sendeirismo de Arousa Norte e a súa posterior discusión no foro do MET.
Este proxecto engloba a diferentes sectores, sendo unha boa oportunidade para unir ideas e realizar accións coordinadas entre todos. Do mesmo xeito, é importante resaltar que, ao tratarse dun proxecto innovador, este convértese en fonte de investigación e proveito para os diferentes eidos e institucións colaboradores.
Os interesados en colaborar no MET deberán cubrir o cuestionario de colaboración. Neste cuestionario, ademais de apaortar os datos de contacto e o eido ou entidade ao que representan, tamén se debe seleccionar o tipo de colaboración. Ademáis, é importante expór o motivo do seu interese en participar no MET e incluso poden aportar ideas para posibles actuacións nas rutas de sendeirismo, ben sexan artísticas, culturais, deportivas e/ou medioambientais.


