MENUMET

Contacto

Destacado

- Vídeo do MET

Destacado

25/08/2008
AROUSA NORTE CREA UN FORO “ON LINE” PARA RECOLLER IDEAS PARA REALZAR AS RUTAS TURÍSTICAS
Ler máis

15/07/2008
Barbanza ya mide emociones
Ler máis

24/06/2008
Confirmadas as datas das rutas: do 14 ao 18 de Xullo
Ler máis

20/06/2008
Arousa Norte ensina a coñecer o patrimonio e a paisaxe a través dos sentidos
Ler máis

03/05/2008
Cuarenta personas van a vivir la experiencia del mapa emocional
Ler máis

16/03/2008
A oferta turística para Semana Santa conxuga natureza, cultura e etnografía
Ler máis

17/02/2008
Arousa Norte deseña un plan para sacarlle partido á natureza e ao patrimonio
Ler máis

Acerca de Arousa Norte

A Mancomunidade de Municipios Ría de Arousa-Zona Norte nace 1974 como unha organización rexional pública composta por catro municipios: A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Riveira (comarca do Barbanza). A rexión localízase no oeste da provincia da Coruña e conta cunha extensión de 245 km2 e unha poboación de 65.500 habitantes, aprox. A zona é coñecida polo número e variedade de restos históricos, dende o megalítico á idade contemporánea, e un patrimonio de crenzas e tradicións afincadas nas súas terras.

O obxectivo de Arousa Norte é consolidar a comarca como un destino turístico diferenciado e de calidade dentro do panorama nacional e internacional.

En Arousa Norte fixéronse importantes esforzos para lograr este obxectivo, contando co financiamento das administracións públicas estatais e rexionais para a implantación dun Plan de Dinamización Turística que finalizou en maio de 2006. Neste plan, Arousa Norte desenvolveu proxectos para a diversificación e enriquecemento da oferta turística; acondicionamento de infraestructuras para a súa posta en valor; creación de novos recursos turísticos como museos, rutas de sendeirismo, etc; formación a empresarios; elaboración e edición de folletos turísticos; e accións de publicidade e comunicación para dar a coñecer o destino e os seus recursos.

Dentro destas accións cabe destacar a creación da páxina web, www.arousa-norte.es, a cal recibiu o premio á Mellor Web de Promoción Turística de Galicia no ano 2006. E como medio divulgativo do patrimonio arousán entre os cativos, Arousa Norte editou un CD-Rom interactivo chamado “Antón, o mexillón”, no cal os nenos descobren os recantos da comarca a través de xogos que combinan a aprendizaxe cultural coa diversión dirixida ao público infantil.

Paralelo ao Plan de Dinamización Turística, Arousa Norte desenvolveu proxectos innovadores que sitúan á comarca na vangarda en canto a iniciativas turísticas: a Axenda 21 foi implantada como un medio para obter a sostibilidade do destino turístico Arousa Norte a través da xestión dunha estratexia local; “CREAR Turismo” é un proxecto no que, tras unha análise do sector empresarial turístico, promóvose a creación de novas empresas turísticas en base ás necesidades detectadas, contando cun posterior asesoramento empresarial dirixido aos participantes nas xornadas formativas.; Casas Mariñeiras, é un dos últimos proxectos desenvolvidos por Arousa Norte, onde se crea unha nova tipoloxía de aloxamentos exclusiva da comarca basada nas vivendas dos traballadores máis antigos da zona, os mariñeiros.

Neste momento, Arousa Norte atópase nun período de expansión, traballando conxuntamente co tecido empresarial dos catro concellos en accións que fomenten a implicación dos empresarios nas actividades que realiza a Mancomunidade. Algunhas destas actividades son a promoción da conserva da Ría de Arousa a través do proxecto “Da conserva ao prato”, menús compostos de produtos conserveiros que se desgustan nos restaurantes de Arousa Norte; ou a Ruta do Mexillón, onde, tras desfrutar dunha ruta pola ría, os turistas fan unha comida ou cea a base de mexillóns amenizada por cunha actuación folclórica que representa a música e o baile tradicional de Galicia, en moitos casos relacionada coa cultura mariñeira.

Para máis información, pinchar en www.arousa-norte.es

 

Arousa Norte      Acerca de Arousa Norte | Créditos | Texto legal | Contacto | © 2008 Mancomunidade Arousa Norte      Deputacion
Socio tecnolóxico:AVAwww.avaforum.com