MENUMET

Noticias

Destacado

- Galería de Fotos
- Vídeo del MET

Destacado

24/06/2008
Confirmadas as datas das rutas: do 14 ao 18 de Xullo
Leer más

20/06/2008
Arousa Norte ensina a coñecer o patrimonio e a paisaxe a través dos sentidos
Leer más

03/05/2008
Cuarenta personas van a vivir la experiencia del mapa emocional
Leer más

16/03/2008
A oferta turística para Semana Santa conxuga natureza, cultura e etnografía
Leer más

17/02/2008
Arousa Norte deseña un plan para sacarlle partido á natureza e ao patrimonio
Leer más

Arousa Norte porá en valor e mellorará a rede de sendeiros e cara á primavera


(10/02/2008) Percorrer os principais recursos naturais e arqueolóxicos cos que conta a comarca de Barbanza

Percorrer os principais recursos naturais e arqueolóxicos cos que conta a comarca de Barbanza e contemplar as impresionantes panorámicas que ofrecen puntos como A Curota ou o monte Muralla é posible mediante as cinco rutas de sendeirismo deseñadas e inalizadas pola mancomunidade Arousa Norte. Aínda que se trata de itinerarios que xa están establecidos, con vistas á primavera e ao verán, a entidade supramunicipal pretende poñelos en valor e melloralos levando a cabo unha serie de actuacións.

A empresa Turnauga será a encargada de desenvolver este proxecto, que consistirá, fundamentalmente, en revisar a sinalización dos sendeiros e incluso en variar algún dos seus tramos que na actualidade discorren por fincas privadas ou por vías asfaltadas. Os responsables desta firma xa están a realizar labores de campo, recollendo información entre os veciños e entre os camiñantes que percorren os itinerarios.

A rede de sendeiros de Arousa Norte está formada por cinco rutas. Catro delas atravesan os municipios de Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo; e despois hai unha comarcal que une todos estes territorios pasando polos seus puntos de interese turístico máis importantes.

No que respecta a Ribeira, o itinerario comeza no Malecón, onde se atopa instalado un panel informativo no que os camiñantes poden ver un mapa con todo o percorrido.

Os que se animen a seguir estas indicacións visitarán o parque periurbano de San Roque, onde poderán introducirse no museo ao aire libre que recrea un antigo poboado castreño, para dirixirse despois cara o miradoiro da Pedra da Rá e cara o Castro da Cidade.

O percorrido continúa polo parque natural de Corrubedo, onde atravesa as lagoas de Carregal e Vixán mais as dunas, para pasar despois pola aldea de Sirves e chegar ata o dolmen de Axeitos.

A igrexa de San Martiño de Oleiros, a ermida de San Alberto, o petróglifo da Pedra das Cabras e a praia de Coroso son os outros puntos polos que pasa este itinerario antes de volver ao Malecón. Trátase dunha ruta de 24 quilómetros, que pode facerse nunhas seis horas.

 

Documentación:
doc Nova en La Voz (PDF)

 

Arousa Norte      Acerca de Arousa Norte | Créditos | Texto legal | Contacto | © 2008 Mancomunidade Arousa Norte      Deputacion
Socio tecnológico:AVAwww.avaforum.com