MENUMET

Noticias

Destacado

- Galería de Fotos
- Vídeo del MET

Destacado

24/06/2008
Confirmadas as datas das rutas: do 14 ao 18 de Xullo
Leer más

20/06/2008
Arousa Norte ensina a coñecer o patrimonio e a paisaxe a través dos sentidos
Leer más

03/05/2008
Cuarenta personas van a vivir la experiencia del mapa emocional
Leer más

16/03/2008
A oferta turística para Semana Santa conxuga natureza, cultura e etnografía
Leer más

17/02/2008
Arousa Norte deseña un plan para sacarlle partido á natureza e ao patrimonio
Leer más

Arousa Norte quere recuperar as rutas de sendeirismo danadas polos incendios do ano pasado


(09/09/2007) Responsables da entidade e do Concello de Boiro realizaron unha expedición

Fotografia (Pinche para ampliar)

A mancomunidade Arousa Norte, no seu intento de promocionar e fomentar o turismo deportivo na comarca, pretende agora recuperar as rutas de sendeirismo que se viron afectadas o ano pasado polos intensos lumes que asolaron ao Barbanza.

Os responsables da entidade supramunicipal están a percorrer os distintos itinerarios para facer unha estimación dos danos e as deficiencias que existen nos camiños e así
elaborar un informe definitivo sobre a situación dos traxectos, e remitilo tanto á Concellería de Medio Ambiente como á Deputación da Coruña, co obxectivo de solicitar as
axudas públicas pertinentes.

Con esa finalidade, persoal da mancomunidade fixeron unha ruta a pasada semana por diferentes puntos do municipio boirense, entre os que se atopaban, os muíños de Brea, Landeira e a zona do río Beluso. Desta maneira o consorcio de turismo pretende «recuperar e sensibilizar co acondicionamento da zona», comentou a xerente de Arousa
norte, Fátima Rodríguez.

A ruta de sendeirismo de Boiro forma parte da rede de camiños tradicionais da comarca executados e financiados polo Plan de Dinamización Turística no ano 2006. Estes
sendeiros son un recurso turístico moi demandado polos visitantes, sobre todo, porque tres de cada cinco itinerarios están homologados pola Federación Galega de Montañismo.
Entre eses recoñecidos camiños atópase o de Boiro polo que dende a mancomunidade consideraron «moi importante» aproveitar as distintas perspectivas de concelleiros, técnicos
e axentes para a recuperación e achega de ideas sobre actuacións a desenvolver no trazado da ruta. Este camiño viuse moi afectada polos incendios que atacaron a zona no
2006, polo que os membros de Arousa Norte ven imprescindible elaborar un plan para facer máis popular este itinerario, que presume dunha gran riqueza natural e paisaxística.

Sensibilización

A actividade organizada pola entidade que preside Xosé Deira tratouse dunha ruta de sensibilización con especialistas neste campo para analizar posibles alternativas de
rehabilitación das rutas. Así o pasado xoves reuníronse persoal de Arousa Norte cos membros do Concello de Boiro, entre os que se encontraban a concelleira de Turismo, Paqui Suárez, e o edil de Cultura, Xerardo Piñeiro, ademais de distintos técnicos das áreas pertinentes.

O grupo percorreu o itinerario que se prevé acondicionar, pois para obter a homologación desexada deben atoparse en bo estado. Con este mesmo fin as animadoras turísticas de
Arousa Norte comprobaron tamén esta semana o estado no que se atopa o traxecto da Pobra, denominado PR-G91.

Experiencia positiva

A pesar do calor que reinou durante toda a xornada, o grupo de camiñantes describiu como «moi positiva a experiencia». Entre os lugares nos que estiveron destacan os diversos muíños localizados en distintos puntos do municipio, como os do río Breiro ou os do nacemento do río Beluso, entre outros.

Todos os membros desta expedición coincidiron en que «fai falla unir o traballo dos especialistas e técnicos da zona para conseguir recuperar as diferentes propostas senderistas que se poden atopar na comarca», explicou Fátima Rodríguez.

 

Documentación:
doc Nova en PDF

 

Arousa Norte      Acerca de Arousa Norte | Créditos | Texto legal | Contacto | © 2008 Mancomunidade Arousa Norte      Deputacion
Socio tecnológico:AVAwww.avaforum.com